Formulario de busca

NOVAS

Muros Mira ao Mar mercado das XIII Xornadas de Cultura Mariñeira de Muros, pecha inscricións con moi boa acollida

Até hoxe venres 26 de maio, estivo aberto o prazo para que todos os colectivos, artesá/ns e expositores interesados puidesen inscribirse no mercado das XIII Xornadas de Cultura Mariñeira, que terán lugar en Muros do 7 ao 9 de xullo. Esta inscrición tivo moi boa acollida, e pronto a organización porase en contacto cos postos seleccionados. O mercado desenvolverase en varias rúas e prazas do Concello de Muros, con horario de 11.00 h a 23.00 h (venres e sábado) e de 11.00 h a 21.00 h (domingo). 

Pódense expor e vender diferentes produtos artesanais, naturais, ecolóxicos, antigüidades, terapias alternativas, gastronómicos... Terán preferencia na participación aqueles postos inscritos que teñan relación directa co mar ou ca temática e/ou produtos mariñeiros, e que ofrezan como actividade complementaria unha mostra de traballos artesanais: cantería, zapatería, redeiras, talla de madeira, maquetismo, ferro, pan, etc. Só implicaría estar no posto traballando a determinadas horas e atendendo ás preguntas das persoas asistentes, ou ben que realicen co público asistente algún tipo de actividade, como degustacións, obradoiros, etc.

Cada participante poderá dispoñer dun espazo de 3 metros de lonxitude por 2 metros de profundidade. Excepcionalmente, serán tamén admitidos os postos de 3mx3m. O custe de participación pola totalidade dos 3 días será de 65 € (IVE incluído) para postos non gastronómicos e de 100 € (IVE incluído) para postos gastronómicos.
 
Tómase como referencia un mercado galego do século XIX, polo que a decoración e vestimenta deberán ser nesta liña, evitando cores e motivos ornamentais que non existisen nesa época. Para a decoración do posto podese empregar redes, apeiros de pesca, cunchas... E todo aquilo que vaia en consoancia co Mercado tendo en conta as cores predominantes (beixe, azul ou branco). En canto á vestimenta, pódese obter un chisco de inspiración no Facebook do Mercado.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30


Via Morta

Outeiro de Rei

27-04-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG