Formulario de busca

NOVAS

BRIÓN Inclúe: un espazo para vivir a integración real.

O festival Brión Inclúe aposta por unha ampla programación cultural pensada e estudada para a inclusión transversal

As persoas con discapacidade serán as protagonistas desta oferta cultural como creadoras de cultura, ofrecendo á cidadanía unha programación cultural de calidade e variada.

É unha tarefa das administracións públicas e de toda a sociedade tratar de acadar a inclusión total e non podemos facelo de costas as persoas interesadas. De esta idea parte a semente para un festival que non produce contidos para as persoas con discapacidade, senón que normaliza as distintas capacidades de cada un para facer unha proposta cultural de calidade e inclusiva na que ofertar tres días de cultura para toda a cidadanía.

Cultura libre de barreiras como protagonista.

Do 14 ao 16 de decembro, datas próximas ao nadal, terá lugar BRIÓN Inclúe, cunha ampla programación pensada e estudada para a inclusicón transversal.

  • Mércores 5 de decembro, de 10.00 a 12.00 horas. CEIP de Pedrouzos. Contacontos en linguaxe de signos + Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas.
  • Do luns 10 ao domingo 16 de decembro. Centro social polivalente. Exposición fotográfica de Óscar Dacosta (AGARESO).
  • Mércores 12 de decembro, ás 20.30 horas. Sala de exposicións municipal. Coloquio aberto: “Artes e Inclusión”. Espazo de debate entre axentes culturais, traballadores/as, voluntarios/as e usuarios/as das diferentes asociacións ou colectivos.
  • Venres 14 de decembro, ás 18.00 horas. Centro social polivalente. Representación teatral “Circo da Diversidade”, da Asociación Con Eles.
  • Venres 14 de decembro, ás 20.30 horas. Centro social polivalente. Representación teatral “Full Monty”, da Asociación Andaina Pro Saúde Mental.
  • Sábado 15 de decembro, ás 20.30 horas. Centro social polivalente. Danza-teatro “Torre de Babel”, da Compañía 5.S.
  • Domingo 16 de decembro, ás 12.00 horas. Centro social polivalente. Sesión vermú dinamizada polo cómico Pedro Brandariz con concerto de XeRock, mercado de colectivos e grande sorpresa.

 

A normalización das diferentes capacidades.

Moitos colectivos, asociacións e profesionais de distintos ámbitos traballan cada día pola integración e a eliminación de barreiras que aínda hoxe non están superadas. Son as/os verdadeiras/os protagonistas deste festival no que todos e todas estamos incluíd@s.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O Valo en Pamplona

Pamplona
17-01-2019
19:00

O Valo en Lizarra

Pamplona
18-01-2019
19:30

Baobab Teatro no Grove

O Grove
19-01-2019
11:30

Bandullo Azul en Fornelos de Montes

Fornelos de Montes
19-01-2019
18:00

O Valo en Arizkun

Pamplona
19-01-2019
19:00

Isabel Risco en Fornelos de Montes

Fornelos de Montes
19-01-2019
23:00

Saaabor! en Cerdedo

Cerdedo
26-01-2019
Horario pendente de confirmación



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG