Formulario de busca

NOVAS

Concertos Verticais: a música volve ás rúas de forma segura e divertida

Dende Culturactiva I+D estamos a deseñar novas ideas para transformar ou, cando menos, adaptarnos á realidade, de xeito que a cultura poida ter cabida máis aló da televisión e a internet.  Por iso iniciamos os Concertos Verticais: concertos de rúa itinerantes e divertidos onde o público sae aos balcóns e ventás para volver escoitar música en directo de forma segura e divertida. 

Os mellores grupos de rúa do país tocarán en directo polas rúas máis poboadas da vila, levando a súa alegría e a súa música a canta máis xente mellor. Est@s artistas farán pequenas paradas alí onde sexa preciso buscando sempre os aplausos e bailes das persoas que gozan do espectáculo dende as súas casas. Todo isto cumprindo, por suposto, as indicacións sanitarias e de seguridade. 

Ademais existe a posibilidade de que estes concertos sexan retransmitidos por streaming, chegando así non só ás avenidas indicadas, senón tamén ao resto da vila facilitando o contacto entre a veciñanza que poderá verse online, saudarse, disfrazarse, decorar os balcóns....o que cada quen desexe. Volve a música en directo, para todos os públicos!

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Peter Punk no Porto do Son

Porto do Son
14-08-2020
Horario pendente de confirmación

Pulpiño Viascón en Baños de Molgas

Baños de Molgas
14-08-2020
20:00

Muu en Cedeira

Cedeira
14-08-2020
20:00

Rodríguez & Rei en Pontevedra

Pontevedra
14-08-2020
20:30

Dani García en Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo
14-08-2020
20:30

Verbena Galega en Cuntis

Cuntis
14-08-2020
21:00

Brassica Rapa en Tomiño

Tomiño
14-08-2020
22:30



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG