Formulario de busca

NOVAS

Pogramación especial por streaming polo Día das Letras Galegas

En Culturactiva S. Coop. Galega temos preparada unha programación moi especial por streaming para celebrar o Día das Letras Galegas aínda que sexa a través das pantallas! Tralo éxito do noso primeiro espectáculo por streaming o pasado 2 de maio, que tamén foi o primeiro espectáculo por streaming feito en Galicia, decidimos continuar apostando por esta nova fórmula e manter así a cultura viva nestes tempos de pandemia.

Pois iso este domingo teremos unha xornada chea de sorpresas para toda a familia: o Mago Teto realizará dúas funcións de "As Nosas Letras", e Baobab Teatro estará en directo con "Puño, puñete". Cumprindo todas as medidas de seguridade, con cámaras e realización en directo, os shows realizaranse dende as salas baleiras para que o público poida gozar da maxia, humor e o teatro sen saír da casa.


PROGRAMACIÓN DO DOMINGO: 

17:00 h: "As Nosas Letras" do Mago Teto na canle de Youtube de Vilariño de Conso. Ademais haberá unha repetición ás 22:00h.

19:30 h: "Puño Puñete" de Baobab Teatro na canle de Youtube do Concello de Vilalba

19:30 h: "As Nosas Letras" do Mago Teto na canle de Youtube TV Soutomaior


OS ESPECTÁCULOS:

"As Nosas Letras"

Maxia e letras únense nesta nova aventura do Mago Teto onde a literatura galega é a protagonista, sen esquecer as ilusións máxicas e o humor. O Mago Teto descubrirá unha espada enmeigada de Merlín e Familia, fará adiviñación semántica con obras de Risco ou Rosalía e ata o espírito de Castelao aparecerá en escena! Un percorrido pola Historia da nosa lingua a través do ilusionismo para espertar a curiosidade dos nenos, nenas e toda a familia e render unha homenaxe á cultura e á tradición galegas.

 

"Puño, puñete"

Trátase dun espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral. O punto de partida é un diálogo rimado que moita xente coñecerá: “Puño, Puñete, que tes por dentro? / Pan e fermento! / Puño, Puñete, que tes por fóra? / Pan e cebola!”. Comezando dese xeito, Baobab Teatro convida aos cativos e cativas coas súas familias a descubrir un mundo de sensacións e emocións.

 

 

 

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

*ADIADO* Leilía en A Estrada

A Estrada
06-06-2020
Horario pendente de confirmación

*ADIADO* Culturactiva Producións en Ponteareas

Ponteareas
06-06-2020
Horario pendente de confirmación

*ADIADO* Apatacón en Mondariz Balneario

Mondariz Balneario
06-06-2020
21:00

*ADIADO* Fran Rei en Compostela

Santiago de Compostela
11-06-2020
17:00

*ADIADO* Ezetaerre no Surfing The Lérez

Pontevedra
12-06-2020
Horario pendente de confirmación

*ADIADO* Pelepau en Cornellá

Cornellá, Barcelona
12-06-2020
Horario pendente de confirmación

*ADIADO* Kanbahiota en Cornellá

Cornellá, Barcelona
12-06-2020
19:00



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG