Sarabela Teatro estrea o seu novo espectáculo "A Cincenta que non quería comer perdices"
A compañía de teatro Sarabela estrea a súa nova proposta escénica: A Cincenta que non quería comer pedices. Unha peza baseada nunha obra de Nunila López Salamera e dirixida por Fina Calleja. A Cincenta que non quería comer perdices, para público maior de 11 anos, é un conto moderno que revisa con humor o papel dos contos de fadas no imaxinario social e o rol que as mulleres ocupan neles. A través dos contos, fala de temas de actualidade como a violencia de xénero, ou o mito do amor romántico.
A estrea terá lugar os días 18 e 19 de setembro no Teatro Principal de Ourense.
Con 40 anos de actividade ininterrumpida, Sarabela é a compañía de teatro máis veterana de Galicia. Co paso dos anos, Sarabela Teatro consolidouse como un referente no ámbito do teatro en Galicia, gañando admiradores e seguidores pola súa creatividade e compromiso coa arte escénica.