Formulario de busca


Brassica Rapa

Brassica Rapa é unha brass band nacida a finais do 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de música de rúa. Formada íntegramente por rapazas, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, un barítono, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da troula.  

Brassica Rapa ofrece un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando polo jazz, a música  reivindicativa ou as bandas sonoras. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma  Banda Xangai, Mondra, Biribirlocke ou Banda Bacana.

 



Máis artistas do catálogo

Capicúa

Capicúa

+ INFO
Os Bregadiers

Os Bregadiers

+ INFO
Borja Ytuquepintas

Borja Ytuquepintas

+ INFO
Joan Garriga & el Mariatxi Galàctic

Joan Garriga & el Mariatxi Galàctic

+ INFO