Formulario de busca

NOVAS

Compañías en xira por Galicia este verán

Amontonados Por Azar H2Olga

Amontonados Por Azar queren deixar atrás a idea da carpa como o lugar do espectáculo efémero e reafirmar ao circo e ao seu espazo como un núcleo común capaz de fusionar distintas proxeccións e conceptualizacións da arte.

 

Vol´e TempsMundos de papel

1º Premio no Festival Lunathica (ITALIA),  1º Premio do  xurado e 1º Premio do publico no Concurso de Artistas de rúa de Aranda de Duero.
Vol´e Temps son unha compañía en continuo proceso de investigación que combina a experiencia e o aprendizaxe coa frescura dos espectáculos de rúa. Vol'e Temps ten como obxectivo amosar e dar a coñecer o circo como unha linguaxe actual, viva e adecuado para contar historias.

 

Cía Passabarret Tandarica Circus

A Cía Passabarret mesturan na súa linguaxe as técnicas de circo cunha visión moi persoal do pallaso, a medio camiño entre a provocación, a acción rápida e a interacción co público, pero cun evidente discurso familiar e co humor como denominador común dos seus espectáculos.

 

Kanbahiota La Coquette

Premios: Festiclown San Fernando, Stuartini do Festival MYAU de Guadalajara. Desde o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo.

 

Tras vinte anos de espectáculos por todo o mundo, nesta produción, o showman Javi Javichy busca a risa en todo momento, utilizando os gags máis clásicos combinando rutinas de circo con pratos de porcelana, chapeus, caixas de puros, e acabando cun arriscado numero de rulo americano que non deixará indiferente a nenos e nenas nin a maiores.

 

La mano juevesRicky, profesor de tennis

Ricky é un home de mediana idade, alto, loiro, guapo… Vaia, non tanto. Ricky é un deportista áxil, rápido, habilidoso, forte… Vaia, algunha forza ten, si… Ricky é un profesor de tenis tolo, espontáneo, enxeñoso, divertido… Divertidísimo! Aclamado pola crítica e o público nos oitenta, Ricky era un deportista de elite: Wimbeldon, Open USA… Non había torneo que se lle resistise! Até que un desafortunado test antidopping acabou coa súa carreira.

 

Pablo MuñozPablo Cool & Dimitry

OkidokSlips inside

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Leilía en Ordes

Ordes
16-08-2018
Horario pendente de confirmación

Mar Adiante! no Pontevedra

Pontevedra
16-08-2018
19:30

Bandullo azul en Pontevedra

Pontevedra
16-08-2018
19:30

Ramón Mirabet en Viveiro

Viveiro
16-08-2018
22:00

Píscore en Carballo

Carballo
17-08-2018
Horario pendente de confirmación

Brandariz e Rei na Coruña

A Coruña
17-08-2018
19:00

Isla Letriska en Viana do Bolo

Viana do Bolo
17-08-2018
19:30



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG