Formulario de busca

NOVAS

Dous estreas na terceira edición do Terra Máxica!!

O Terra Máxica ahega ilusionismo, formación e diversión para todos os públicos tralo éxito da anterior edición

Esta edición do Terra Máxica chega con dúas estreas, Saaabor! de Culturactiva e Alquimia do Mago Teto

A terceira edición de Terra Máxica terá lugar do 16 de marzo ao 22 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín. Terra Máxica comeza este ano en Allariz cunha charla formativa do Mago Teto, “A incrible historia da maxia”. Este domingo 18 o Mago Teto estrea, tamén en Allariz o seu novo espectáculo ALQUiMIA. 

Esta iniciativa, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. G., mantense grazas ao traballo en rede dos concellos participantes, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios, senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas, máis en concreto, con maxia de primeiro nivel.

Podes informarte de todo en www.terramaxica.gal
 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30


Via Morta

Outeiro de Rei

27-04-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG