Formulario de busca

NOVAS

Guadi Galego recibe o Premio á Promoción Plurilingüe do Estado

Un premio concedido polos territorios con lingua propia e que galardoa o disco IMMERSION, un traballo cantado nas sete linguas da Península.

A xira de IMMERSION non fixo máis que comezar e recibe este premio como un novo impulso para unha artista que non deixa de medrar e reinventarse a cada paso, unha Guadi Galego na súa plenitude artística que desenvolve, neste último traballo, un alegato á diversidade e á liberdade da mellor forma posible: dende a música e a alegría.

O Premio á Promoción Plurilingüe do Estado, un galardón instaurado en 2008 polos gobernos autonómicos de Euskadi, Catalunya, Galicia, Comunitat Valenciana, Navarra e Illes Balears con motivo do Ano Internacional das Linguas promovido pola UNESCO. A súa finalidade é recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas no eido da defensa e promoción da diversidade lingüística en España e a súa contribución á difusión das linguas oficiais xunto co castelán. Guadi Galego é a primeira persoa que recolle este premio a título individual, xa que outros anos concedeuse a empresas ou institucións.

Este premio recoñécelle a Guadi Galego o seu labor a prol da promoción do plurilingüismo a través do seu último traballo discográfico, IMMERSION, que incorpora músicas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán) e que conta con colaboracións de artistas das diferentes comunidades.

"IMMERSION" é unha reconstitución dela mesma, unha revisión en sete linguas afíns a Guadi por territorio cultura e emoción, unha reinterpretación da súa propia música, once temas xa editados nos seus tres últimos traballos e un tema inédito. O disco foxe dos moldes e ábrese a un mundo plural de posibilidades artísticas e de sentimentos. Para conseguilo bota man de múltiples colaboracións e do gran talento ao que nos ten afeitos.

As voces que acompañan a GUADI GALEGO en IMMERSION son:
Álex Ínsua, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Iván Ferreiro, Silvia Quesada, Alidé Sans, Lisandro Aristimuño, Mikel Urdangarín, Andrés Suárez, Ana Bacalhau, Sisters In The House e Xabier Díaz
 

Mergúllate na IMMERSION:

Xira Guadi Galego

 
 
 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG