Formulario de busca



Premio FETEGA Carballiño Mellor Actriz 2015. Actriz, clown e pedagoga teatral, formouse con mestres coma Eric de Bont, Jango Edwards, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Ángel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espello Cóncavo, Os Sete Magníficos máis Un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padre Casares, A vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, Land Rober ou Tourilandia; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longametraxe, como Os mortos van ás présas, Onde está a felicidade? ou 9 Ondas.



Máis artistas do catálogo

Pedro Brandariz

+ INFO

Dani García

+ INFO

Djuggledy

+ INFO

Mundomandarina

+ INFO