Formulario de busca



Premio FETEGA Carballiño á Mellor Actriz 2015

Actriz, clown e pedagoga teatral, Isabel Risco formouse con mestres coma Eric de Bont, Jango Edwards, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Ángel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso... Ademais de estar sobradamente preparada, leva varios lustros levando á práctica a súa vis cómica sobre as táboas ou diante das cámaras. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espello Cóncavo, Os Sete Magníficos máis Un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padre Casares, Era vistoA vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En pé de festa, Zapping comando, Máxima audiencia, Land Rober ou Tourilandia; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longametraxe, como Os mortos van ás présas, Onde está a felicidade? ou 9 Ondas.



Máis artistas do catálogo

Ana Bacalhau

+ INFO

Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero

+ INFO

Fanfarria Taquikardia

+ INFO

Amontonados Por Azar

+ INFO