Formulario de busca

Isla Le Triska


Isla Le Triska

Isla LeTriska, malia a súa ampla traxectoria de dez anos nos escenarios, conserva íntegra a ansia artística, pura e rebelde, do principiante. Desde a ilusionante escena do Novo Circo galego, en máis dunha década de carreira Isla LeTriska xamais se acomodou nunha mesma vertente artística. Flutúa, viaxa, explora. Dese xeito, é capaz de crear un espectáculo para o circuíto de salas tan exitoso como é Fermín Noite para despois regresar ás orixes co seu espectáculo de rúa máis refinado e clásico. Isla mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco. En definitiva, garda no seu interior un universo creativo versátil, cheo de sorpresas e de ideas sorprendentes.



Máis artistas do catálogo

SinTriz

+ INFO

Lágrimas de Sangre

+ INFO
Aimar & Cía

Aimar & Cía

+ INFO

A Quinkillada

+ INFO