Formulario de busca

Mercedes Peón



Compositora, vocalista e instrumentista galega. Considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual.
Mercedes achega unha variedade compositiva que arrincan desde a polirrítmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena musicocontemporánea en Europa.

Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué. Nos seus traballos posteriores Ajrú (2004), Sihá (2007), e Sós (2008), as súas composicións levárona a unha particular atmosfera case rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das súas fronteiras.

A principios do 2011, sae o seu cuarto traballo discográfico ...---... (SÓS), música de vangarda. Catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. É un exercicio de microcomposición onde o resultado final foi escollido por "word chart music Europe"como mellor disco dos editados durante dous meses consecutivos. No 2011 foi escollida como artista recomendada pola plataforma e marca musical Womex. Ela soa, coas súas samplers creados e arranxados por ela, mesturados coa voz, clarinete, gaita e percusións. Sorprendente espectáculo cheo de dinámica e que xirou por toda Europa e Canadá.

A finais do 2012 comeza unha aventura musical coa banda WVB de Varsovia. Participa nunha xira polo pais polaco que culminará nun novo traballo discográfico a finais do 2015. Paralelamente á composición do seu quinto traballo discográfico en solitario, Déixaas (2018), cheo de espazos sonoros que xorden de novas inquedanzas e materiais que achegan ao público o seu discurso sempre social e feminista.

É unha das artistas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI.

"Premio Especial do Xurado" festival "Cidade Vella", Santiago de Compostela. 1990, "Premio á Autenticidade" (2000), "Artista do Ano", "Folkword", 2000, Finalista "Mellor artista do ano", "BBC Radio 3", 2000, "Top of The World", Songlines para "Isué", 2000. • "Galega do Ano", 2005, "Premio Nacional á Cultura 2008" (Música) Xunta de Galicia, Álbum "Sós" quinto "Mellor disco no mundo" polo prestixioso "World Music Charts Europe"(2011)



Máis artistas do catálogo

Ale Risorio

+ INFO

Assircópatas

+ INFO

La Calderona

+ INFO

Trópico de Grelos

+ INFO