Formulario de busca

Amontonados Por Azar



Amontonados Por Azar é unha compañía de circo nada a finais de 2007 en Bos Aires e composta por artistas que se formaron en escolas especializadas de primeiro nivel, como a Ecole Nationale des Arts du Cirque de Rosny-sous-Bois de Francia, a Escuela Superior de Circo de Cuba ou o Space Circus de Londres. O seu principal obxectivo é imaxinar, dirixir e producir espectáculos que volvan unificar o circo co teatro, e ademais fusionan expresións artísticas como a danza e a música popular arxentina, tratando de aportar ferramentas que revaloricen e renoven a súa cultura. A compañía quere deixar atrás a idea da carpa como o lugar do espectáculo efémero e reafirmar o circo e o seu espazo como un núcleo común capaz de fusionar distintas proxeccións e conceptualizacións da arte.
 



Máis artistas do catálogo

Vol'e Temps

+ INFO

Okidok

+ INFO

Judit Neddermann

+ INFO

Imaginart

+ INFO