Formulario de busca

Borja Ytuquepintas



Borja Ytuquepintas é un creador multidisciplinar, pioneiro en España na arte de pintar con area. Para o ilustrador, orixinario de Arnedo (A Rioxa) e residente en Barcelona, cada debuxo é “a viaxe dunha idea, testemuña de que algo se move, sen coñecermos ás veces a orixe nin o ceo que o cobre, mais consciente de que non durará eternamente”. Impulsor de momentos únicos, Borja González emprega a area para debuxar o mundo, a comedia, o drama, e tamén o circo. Reflicte todo empregando a citada area, algúns metros de teas ao óleo e botes acrílicos. Nos seus espectáculos, os trazados móvense ao son da música, xerando así un espazo único que sorprende o público pola orixinalidade das súas montaxes.



Máis artistas do catálogo

Sempre Arriba

+ INFO

Sarabela Teatro

+ INFO
Troula

Troula

+ INFO
Xurxo Fernandes

Xurxo Fernandes

+ INFO