Formulario de busca

Celina da Piedade



Celina da Piedade é acordeonista, cantora, e compositora. Ten tres álbumes en solitario, Em casa (2012), O cante das ervas (2014) e Sol (2016).

Comezou a estudar música con cinco anos e pouco despois xa actuaba en público. Estudou no Conservatório de Setúbal, licenciouse en Patrimonio Cultural e posgraduouse en Estudos de Música Popular. Colabora desde o 98 coa Associação PédeXumbo, da que é presidenta honoraria (con ela editou o libro Caderno de danças do Alentejo). No ano 2000 integrou o Cinema Ensemble de Rodrigo Leão, e tamén compartiu escenario con figuras do prestixio de Mayra Andrade, Uxía, Ludovico Einaudi, Gaiteiros de Lisboa, António Chainho, Samuel Úria… Celina da Piedade é unha das personalidades esenciais á hora de achegar a tradición portuguesa ás músicas do mundo.



Máis artistas do catálogo

Fado Violado

+ INFO

Javi Javichy

+ INFO

A Feroz

+ INFO

O Capitán Garfo

+ INFO