Formulario de busca

Desastronauts



Raquel Veganzones e Girisho Gordon formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2011 tras a creación de “Losing Grip”. Con “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy's Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres. Debutaron co espectáculo de rúa “Calleret” en Santiago de Compostela e en distintas programacións de Galicia. A partir de aquí toman como base Compostela onde crean Un día de Praia, co que xiran por innumerables teatros e rúas galegas en solitario e en programacións de Culturactiva como Pistactiva e Ruactiva. En 2010 conseguen unha bolsa da Unión Europea e sae á luz un novo traballo que dá un novo xiro á súa carreira: Losing Grip: unha obra, na que a acción ten lugar no aire en todo momento, arriscada, anovadora, orixinal e chea de calidade. Girisho  Gordon, inglés, graduouse na escola de circo “The Circus Space” no 2002. Percorreu Europa co seu número de trapecio estático e participou como artista de circo no espectáculo de apertura das olimpíadas asiáticas en Doha, Qatar 2006. Raquel Veganzones, de Valladolid, formouse na escola de Circo Carampa, Madrid, e en “The Circus Space”, Londres. Percorreu medio mundo co seu trapecio desde o Caribe ata a India.



Máis artistas do catálogo

Vol´e Temps

+ INFO

Trío Refugallo

+ INFO

Boneca Lareta

+ INFO

TChyminigagua

+ INFO