Formulario de busca

Javi Javichy



Showman. Actor. Malabarista. Javi Javichy, El Malabarista de la Pista, ten experiencia na realización de animacións en eventos e festivais por todo o estado, e creou a súa compañía hai de quince anos. Primeiro autodidacta e despois alumno, o artista pasou diversos períodos de formación en distintas escolas de teatro e circo. Durante a súa carreira, traballou en diferentes medios, destacando as súas intervencións en programas como 1,2,3 A leer esta vez!, El Club Megatrix ou Pecado Original.

Máis aló da televisión, os festivais son a súa casa. No seu currículo conta con participacións en encontros como o Festival Internacional de Teatro de Calle de Valladolid, o Festival Internacional de Teatro de Xetafe, o Festival de Gorra ou o Festival Internacional de Teatro de Shizouka en Xapón, así como en proxectos benéficos desenvolvidos por Unicef en África.



Máis artistas do catálogo

Tremenda Jauría

+ INFO

Trópico de Grelos

+ INFO

Dani García

+ INFO

Caxoto Contacontos

+ INFO