Formulario de busca

Mago Teto


O seu debut tivo lugar o Día das Letras Galegas de 1992. Nese 17 de maio subía ao escenario do seu instituto de Viana do Bolo para sorprender ós seus compañeiros. Catro anos despois, chegaría o despegue profesional co espectáculo A maxia dos soños. Desde a estrea do seu primeiro espectáculo en 1996 con tan só 19 anos, o Mago Teto converteuse nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público. Os seus espectáculos adáptanse a calquera tipo de espazo, da rúa ás salas, pasando por grandes teatros. No seu repertorio combínanse así espectáculos reducidos con outros de gran formato, outorgándolles aos seus trucos un amplo abano de posibilidades. Tolemaxias, Perto de ti ou O Afiador son algúns dos seus espectáculos.



Máis artistas do catálogo

Sue Moreno

+ INFO

Brassica Rapa

+ INFO

Apatacón

+ INFO

Amparanoia

+ INFO