Formulario de busca

Okidok



Premio do Xurado no Milano Clown Festival 2009

Esta compañía belga deuse a coñecer internacionalmente co seu debut, Ha ha ha, representado máis de 500 veces arredor do mundo e aínda de xira. Son un dos grupos máis sorprendentes e creativos do clown europeo actual. As súas creacións pasaron por infinidade de programas de televisión, festivais e teatros de Europa. Nun estilo no que as figuras máis míticas son xa de avanzada idade e resulta difícil atopar novos valores, Okidok chegaron con forza para renovar o panorama do clown internacional puro e de calidade. Como escribiu sobre eles o crítico Jean-Claude Rongeras, “transgriden todos os códigos. A súa linguaxe e os seus números son impresionantes, as súas expresións faciais formidables…”. Unha compañía que parte do coñecemento da súa tradición para facer con ela algo novo.

 



Máis artistas do catálogo

Orquestra Os Modernos

+ INFO

Saleta Fernández

+ INFO

Caramuxo Teatro

+ INFO

Clara Peya

+ INFO