Formulario de busca

Pablo Muñoz


Pablo Muñoz é ‘Pablo Superstar Cool’. Fromouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina
Rota. Cunha bolsa do l I.N.A.E.M., cursa estudos de Clown e técnicas de humor na Ecóle Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas. Pertence á Sociedade Española e Internacional de Ilusionismo. Premiado co  'Nariz de Ouro' do XIV Festival Internacional de Clowns de
Madrid 2009, co Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Santa Susanna (Barcelona) e co Premio del Público Festiclown Vilagarcía 2016, é co-fundador de Goodidea Company coa que traballa profesionalmente en teatro e ocasionalmente en televisión.

Pablo Superstar’ foi incluído por Jango Edwards no seu espectáculo en xira no Festival de Clowns de Madrid, Barcelona e Sevilla. Paseou o seu humor por festivais de todo o mundo: Festival Internacional de Edimburgo (Escocia), Int. Incheon Clownmime Fest (Corea do Sur), Festiclown de Galicia, Magiclown de Ibiza, Fest. Int. Clowns de Madrid, Cicloclown de Sevilla, Fira Mágica de Sta. Susana, Festival T+T, Feria de Leioa, Feira de Castela-A Mancha, Castelvetro Fest., Bassano del Grappa Fest. (Italia), Mosbach Fest, Heilbronn Fest, Paderborn Int. Fair, Tuttlingen Fest (Alemaña), Thun Fest (Suíza), Sint Niklas Fest. (Bélxica), Zd’ar nad Sazavou (República Checa),Chiapas (México), etc.



Máis artistas do catálogo

Viviane

+ INFO

Tremenda Jauría

+ INFO

Mercedes Peón

+ INFO

Sumrrá

+ INFO