Formulario de busca

Rilo & Penadique


Rilo & Penadique é unha compañía de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Vero Rilo ten unha longa e consolidada traxectoria como contacontos. Educadora na Escola A Semente e contadora, cursou estudos de iniciación o teatro da man de Carlos Neira e outros específicos como contadora con Charo Pita e Tim Bowley. Á fronte de Daboapipa, moveu con este formato que combina música e narración oral diversos espectáculos, para público adulto e infantil, por toda Galicia e mesmo alén Miño.

Sonsoles Penadique, licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música e Patrimonio Artístico pola USC e diplomada en Educación Musical pola Universidade de Vigo, realizou estudos de linguaxe musical, técnica vogal, coral e harmonía moderna na Escola Estudio de Santiago de Compostela. Ten tamén o Posgrao de Música Tradicional Galega organizado pola USC. Desde cativa vencellada á música tradicional como bailadora, cantareira e gaiteira, comezou a estudar acordeón diatónico no 2009 con Xavier Blanco, Carlos Quintá e Pedro Pascual. Traballou en diferentes centros de primaria, secundaría e conservatorios dependentes da Consellería de Educación, e tamén é profesora de acordeón diatónico, canto, música e movemento e linguaxe musical na Escola Municipal de Música de Moraña  e na A.C. Trépia. Tamén colabora coas Escolas Infantís Semente de Compostela e Vigo e Cruz Vermella de Pontevedra.

"Xuntáronse o amor pola literatura e a palabra dita co amor pola música e o universo da infancia. E aquí estamos…

Narramos, cantamos e musicamos historias, contos escoitados nalgún lugar, escritas nalgún libro, nacidos dende algún lugar do ser. Fusionamos o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a espectáculos de narración oral para crianzas e familias".



Máis artistas do catálogo

Mago Teto

+ INFO

Oquestrada

+ INFO

O Sonoro Maxín

+ INFO

Saleta Fernández

+ INFO