Formulario de busca

Simplemente Enricco


Na súa xuventude sentiu curiosidade polos xogos malabares e comezou a practicar de maneira autodidacta. En 1999 entrou a formar parte da asociación de malabaristas da cidade "Por los suelos". En 2001 decidiu embarcarse nunha viaxe dun ano enteiro por Centroamérica. Alí sobreviviu como artista de rúa, unha experiencia que o enriqueciu moito sobre todo a nivel humano. Un tempo despois do seu retorno, en 2003, fundou xunto o seu irmá a compañía "The Jazzgling Brothers".

O seu espectáculo ganou o premio do Festival Artescena 2008 de Ávila e participou en festivais como Circolmedo 2009 e Titirimundi 2010. Pouco despois a vida fixo que estes dous artistas disolveran a compañía para realizar outros traballos. Ainda así non pediron afición ao circo.

En 2019 "Simplemente Enricco" mudouse a Galicia, a unha pequena aldea ao sur de Ourense. Na actualidade continúa vivindo alí, onde desenvolve o seu proxecto artistico de maneira individual. Durante setembro de 2020, en plena pandemia, Enricco tivo a oportunidade de ensaiar en Bemposta, La Ciudad de los Muchachos, onde tivo o seu primeiro contacto co funambulismo clásico. Isto marcaría a súa carreira, convertíndose na disciplina na que agora mesmo está máis centrado. 



Máis artistas do catálogo

Leti da Taberna

+ INFO
Pepe Viyuela

Pepe Viyuela

+ INFO
Barrosanta

Barrosanta

+ INFO
Uxía e Germán Díaz

Uxía e Germán Díaz

+ INFO