Formulario de busca


Yllana naceu en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que ao longo da súa traxectoria diversificou a súa actividade, ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Dende o seu nacemento, produciron máis de vinte montaxes, entre as que se poden destacar ¡Muu! (1991), Glub, Glub (1994), Hipo (1999), Rock and Clown (2000) ou Musicall (2000).

Dende ese 1991, Yllana visitou máis de trinta países, realizou máis de dúas mil representacións e nesas funcións congregou preto de millón e medio de espectadores e espectadoras. Durante a súa carreira, a compañía recibiu galardóns como o Outstanding Unique Theatrical Event pola obra 666 no Fringe Festival de Nova York, ou o premio ao Mellor espectáculo estranxeiro en 1993 do Festival Printemps des Courges de Toulouse (Francia).

O traballo de Yllana déixase ver dende 1996 na súa xestión do Teatro Alfil de Madrid. A súa aposta céntrase no humor sen palabras, un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo. Logo de varias décadas en escena, Yllana é xa unha empresa consolidada no sector, caracterizada pola profesionalidade e complicidade que confire a todos os seus proxectos, así como pola infinidade de premios, recoñecementos e espectáculos que a dotan dun lugar destacado na historia do teatro de comedia.

Culturactiva S. Coop. Galega é a distribuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana.

 



Máis artistas do catálogo

Experimentadanza

+ INFO

CAIR

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO

Ebri Knight

+ INFO