"Bueno… Pois mire… Indo para a ría á dereita hai un río, porque aí xa foron os rapaces, non fuches?... Bueno… E por alí arriba hai un rego que viña a agua para abaixo… Que viña antes para abaixo… E no rego… E arriba no medio e medio da finca había unha laxueira… De pedra eh! Era de pedra... E chamábanlle unha catalata ou chamaranlle aínda agora, daquela chamábanlle… E … E disque aparecía sempre alí unha señora envolta nunha saba blanca… E que era un encanto… Eu téñollo oído ao meu abuelo… Aparecer a min non me apareceu eh!... Amais xa tiña o azo pero non me apareceu… Pero teño oído ao meu abuelo que aparecía alí unha señora e que era un encanto e que tan pronto chegaban onda ela desaparecía… Eso téñoo oído, eu nunca a vin eh! Pero oir oíno!" En O pozo das señoras, Rilo & Penadique falarannos de historias sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións, contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero Rilo e a sutileza musical de Sonsoles.