Formulario de busca


Pesdelán

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Os espectáculos teñen unha duración aproximada de unha hora e están dirixidos a tódolos públicos. Xorde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo)...

 



Máis artistas do catálogo

Loita Amada

+ INFO

Al hilo teatro

+ INFO
Hutsun + Ortzi

Hutsun + Ortzi

+ INFO

TIAM Gz

+ INFO