Formulario de busca

Comedia De*Sastre


Comedia De*Sastre nace logo dunha longa viaxe con mochila e en bicicleta por América do Sur, das experiencias vividas e da necesidade de traballar por un mundo mellor. Destacan pola mensaxe e o trasfondo de cada unha das súas obras, que son parte fundamental da súa idiosincrasia. A cultura, e por ende o teatro e o circo, serven como ferramenta para mellorar a sociedade na que vivimos.

No 2015 en Santiago de Chile os seus dous fundadores, Kalima del Drago e Lolo Guayota, ambos de Canarias, comezan a súa aprendizaxe artística na Compañía "Gran Circo Teatro" do mestre Andrés Pérez Araya, director, actor e dramaturgo. Posteriormente dedican moitos anos a formarse na investigación dos portes acrobáticos e o arte dramático.

Cun pé en Canarias e outro en Arxentina, esta compañía medra e vai creando a súa propia identidade. 



Máis artistas do catálogo

Marta Doviro

Marta Doviro

+ INFO
Eddy Eighties en uno de sus espectáculos, con público alrededor

Eddy Eighty

+ INFO
Acordeireta

Acordeireta

+ INFO
Os Bregadiers

Os Bregadiers

+ INFO