PhoneEmail

Música galega

Música galega

Paixón, talento, traballo, cultura. Todas esas palabras son sinónimos da música gallega e todas elas teñen cabida en Culturactiva.

A música do país abarca dende o folk e o indie-pop ata a vanguardia, a verbena ou a fusión-rap. Polo que podemos presumir de poñer a bailar tanto a un auditorio como un festival ou unha foliada.

Por iso somos a cooperativa galega que organiza máis eventos musicais no noso territorio

En Culturactiva queremos ser un reflexo do panorama musical tan diverso e rico que coexiste en Galiza.

Por iso contamos cun abano de artistas tan queridas como Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Leilía, Xurxo Fernandes, Os d’Abaixo, Dakidarría ou O Sonoro Maxín.

Tamén novas bandas como La Quinkillada, Joel Padín ou Javier Otero. A todas estas propostas sumamos moitas outras chegadas de fóra como Manel, Dulce Pontes, Hermanos Cubero ou Tremenda Jauría. Música de Galiza para o mundo, e do mundo para Galiza!