PhoneEmail

Pallasos en Rebeldía

Pallasos en Rebeldía

A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras.

Pallasos en Rebeldía está constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social; combaten culturalmente á beira das colectividades que fan fronte a este sistema global de terror desde a maxia do Circo; e que apostan por unha Humanidade máis bela e máis xusta desde o universo do Clown.

Fundouse no ano 2004 baixo o amparo do  Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia) e mantense activo grazas ao traballo de Culturactiva, SCG, entidade profesional galega decana na xestión cultural socialmente comprometida.

Visita a súa web: https://pallasosenrebeldia.org/