Sutotto é unha compañía teatral arxentina con máis de quince anos de traxectoria e oito espectáculos que recorreron o país e o mundo. É recoñecida tanto polo circuíto teatral de Buenos Aires como pola crítica e o público.
A súa obra "Inestable" foi gañadora da Bienal de arte de Buenos Aires 2015 e realizou xiras en España, Uruguay, Bolivia e México. Participou en prestixiosos Festivais como o Festival Internacional de Cádiz, Festival Internacional de León, Festival Internacional Bs. As (F.I.B.A), entre outros. ¨Inestable¨ foi nominada como mellor espectáculo de humor nos premios Estrella de Mar. Tamén participou do programa “Cultura, Nación” dependiente do Min. de Cultura de la Nación co que realizou funcións por toda Arxentina. O seu último espectáculo Perdón foi co producido pola Bienal de Arte Joven de Buenos Aires e contou co apoio da sala Villarroel de Barcelona, DFeria de San Sebastián e a Sala Verdi de Montevideo. A estrea deuse de forma consecutiva en Arxentina, Uruguay e España. A compañía recibiu unha mención á traxectoria por parte da Universidade de Buenos Aires GETEA. O dúo ten unha escola de actuación e dramaturxia que funciona fai máis de dez anos en Buenos Aires e realiza seminarios tanto en Arxentina como en Latinoamérica e España