PhoneEmail

Espectáculos infantiles

Espectáculos infantiles

A cultura tamén é educación. E a educación é imprescindible para lograr unha sociedade igualitaria, inclusiva e xusta.

En Culturactiva, estamos convencidas de que as novas xeracións teñen a chave do cambio, por iso ofrecemos obras de teatro infantiles  e espectáculos músicais pensados especialmente para a cativada. Para que se divirtan e para que aprendan.

Por sorte en Galiza contamos con compañías e profesionais como Baobab Teatro, Pedras de Cartón, Caramuxo, Troula, Dani García ou Rilo e Penadique .

Todas elas levan anos demostrando que as artes escénicas permiten achegar os valores sociais ás crianzas e que os temas que poden parecer complexos non o son tanto se se explican con agarimo.

Así, no noso catálogo temos espectáculos sobre o último oso panda do planeta, sobre as mulleres que cantan e traballan o mar, sobre un Quixote que anda en bicicleta e ata sobre un pato de goma diferente aos demais.