Formulario de busca

NOVAS

Clásica Popular Compostela pecha a súa primeira edición demostrando que a música clásica é para todos os públicos

O pasado venres, 22 de outubro, remataba a primeira edición de Clásica Popular Compostela, un ciclo pensado para achegar a música clásica a públicos diferentes a través de propostas singulares e divertidas. O ciclo comezaba o día 9 de outubro e, ao longo de dúas semanas, celebráronse un total de 16 espectáculos que encheron a capital galega de música e humor. 

Clásica Popular Compostela procuraba romper os prexuízos que existen sobre a música clásica achegándoa a todos os recunchos de Compostela e ao público de todas as idades. Por iso, os escenarios escollidos foron dende a Escola Municipal de Música, ata institutos ou centros sociais cívicos. O obxectivo era descontextualizar o ideario social que se ten sobre este tipo de música para amosar ao público diferentes xeitos de gozala. 

Dende unha perspectiva non tanto formativa nin didáctica, se non máis ben divulgativa, procurouse chamar a atención daquelas persoas que se sinten máis afastadas da música clásica. Unha maneira divertida de reivindicar a popularidade deste xénero que, sen dúbida, é quen de seducir a calquera melómano/a con máis ou menos coñecementos musicais, estudos ou incluso idade.

Dende Culturactiva colaboramos con este proxecto formando parte do elenco cos espectáculos Desconcerto (Culturativa Producións), Concerto Singular (Píscore) e Breve historia da Música Clásica (Fran Rei e Félix Rodríguez). As nosas actividades ían destinadas ao público infantil e pensadas para espertar nel o interese pola música clásica a través do humor. 

Ademais, a programación de Clásica Popular Compostela foi, en parte, retransmitida a través de You Tube. Estes vídeos están dispoñibles na canle de Culturactiva.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Máis Ritmo

A Baña

19-05-2024

Horario pendente de confirmación


Camiños

A Coruña

19-05-2024

Horario pendente de confirmación


Rosalía

A Veiga

19-05-2024

17:00


Cacho Animalada!

Arbo

19-05-2024

17:00


Made in Galiza

Bueu

19-05-2024

19:00


PALABRAS

Rois

23-05-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Neda

23-05-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG