Este é o máis recente espectáculo itinerante festivo de Tchyminigagua, unha montaxe de comparsa, desfile e parada teatral. Trátase dun espectáculo único no mundo, que integra actores e actrices con intérpretes musicais e zancos en patíns, expondo a técnica creada e patentada pola compañía colombiana. Deste xeito, podemos ver a axilidade, velocidade, acrobacia e estética desa abraiante invención, ao redor de personaxes futuristas que aterran no noso mundo, sorprendendo coas súas imaxes e música tropical en vivo e salvando á humanidade das diferentes fontes do aburrimento, converténdoas en alegría.
Ler máis