Máis Ritmo
Ficha artística
Sinopse
Para comezar esta nova etapa, Trío Detrés presenta Máis Ritmo, unha nova aventura de creación propia dirixida por Fran Rei. Espectáculo versátil que pode presentarse nunha praza ou en formato itinerante, coa música e o ritmo como protagonistas, mesturado con rutinas e gags cómicos e para todos os públicos.
Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Que acontece cando parte da banda chega tarde e despistada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.