Novos catálogos de Escénicas e Música de Culturactiva para 2026
En Culturactiva xa temos todo listo para a tempada 2026 coa publicación dos nosos novos catálogos de Escénicas e Música, dúas propostas coidadas ao detalle que reúnen unha ampla e diversa oferta artística pensada para programadores, festivais, concellos, auditorios, teatros e outros espazos culturais.
O catálogo de Música 2026 chega cargado de talento e cunha selección de booking máis completa ca nunca. Nel conviven estilos e sons moi diversos: dende a música folk e bravú ata o rock ou o rap, pasando polos ritmos latinos, as brass bands e as propostas máis vangardistas. Un percorrido musical plural que aposta pola calidade, a identidade e a diversidade sonora do noso país e de fóra.
Pola súa banda, o catálogo de Escénicas 2026 tamén vai cheo de novidades, con especial protagonismo das producións propias e das compañías galegas. Teatro, circo, maxia e moito humor conforman unha programación pensada para públicos de todas as idades, con espectáculos que destacan pola súa creatividade, profesionalidade e conexión co público.
Ambos catálogos xa están dispoñibles na nosa web e reflicten o compromiso de Culturactiva coa creación contemporánea, o apoio ao talento local e a construción dunha oferta cultural comprometida, diversa e de calidade.
Descubre xa os catálogos de Música e Escénicas 2026 e prepara a túa programación con Culturactiva.