Este xaneiro chega unha nova edición de Cultura ao Quente en Cambados
Un ano máis, dende Culturactiva coordinamos a programación do ciclo Cultura ao Quente, unha serie de propostas culturais que terán lugar en distintos centros sociais do municipio de Cambados nestas primeiras semanas de 2026.
Esta nova edición reúne unha coidada escolma de artistas de música tradicional, folk e canción de autor, combinadas con voces imprescindibles da escena galega actual. Como xa é habitual neste formato, varias das citas contarán cun pequeno petisco ao seu remate.
Programa:
• Domingo 11 de xaneiro, música tradicional con Unto Vello (19h, CSC de Castrelo, con petiscos despois da actuación)
• Domingo 18 de xaneiro, a forza do folclore coas pandeireteiras do Morrazo Lina e Lola (19h, CSC de Oubiña, con petiscos despois da actuación)
• Sábado 24 de xaneiro, máis música tradicional desta fin de semana con Os Xesteira (20:30h, Auditorio da Xuventude)
• Domingo 25 de xaneiro, relatos cheos de humor e sabedoría popular con Quico Cadaval (19h, CSC de Vilariño, con petiscos despois da actuación)
• Domingo 1 de febreiro, a proposta máis persoal con Abril (19h, CSC de Corvillón, con petiscos despois da actuación)
• Sábado 7 de febreiro, rock e indie dende Noia con Momboi (20:30h, Auditorio da Xuventude)
Con esta nova edición de Cultura ao Quente, contribuímos a consolidar en Cambados un espazo para a creación galega contemporánea e gozar dunha cultura viva e compartida.
