O Mago Teto inicia a nova xira do seu espectáculo O Camiño do Afiador, promovida por Turismo de Galicia
Un espectáculo que mestura maxia, tradición e memoria popular, inspirado no antigo oficio dos afiadores, e que vai percorrer parte da provincia de Ourense.
O Mago Teto, un dos ilusionistas máis experimentados e recoñecidos de Galicia, inicia este mes de novembro unha nova xira do seu espectáculo O Camiño do Afiador, unha proposta que mestura maxia, tradición e memoria popular. A iniciativa conta coa promoción de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia, e percorrerá diversas localidades ourensás ao longo do mes.
O Camiño do Afiador xira arredor dunha auténtica roda de afiar dos anos trinta, herdada polo propio Mago Teto dos seus antepasados. Inspirado no antigo oficio dos afiadores, o espectáculo revive historias e lendas doutros tempos a través do ilusionismo e o humor.
Datas da xira:
• 7 de novembro - Carballeda de Valdeorras (CEIP Tomás Terrón Mendalla)
• 9 de novembro - Vilariño de Conso (Praza da Vila)
• 14 de novembro – Ribadavia (Auditorio Casa da Cultura)
• 15 de novembro - A Pobra de Trives (Auditorio Julio Vázquez)
• 16 de novembro - Vilamarín (Auditorio Municipal)
• 21 de novembro - Pereiro de Aguiar (Auditorio Municipal)
• 22 de novembro - Monterrei (Casa da Cultura de Albarellos)
• 23 de novembro - A Rúa de Valdeorras (Centro Cultural Avenida)
• 28 de novembro - Bande (Salón de Actos)
