Formulario de busca

Tchyminigagua


Tchyminigagua

Fundada en 1985 en Bogotá (Colombia), a Fundación Teatral Tchyminigagua persegue "traballo, coñecemento e identidade", elaborando unha linguaxe teatral "para vivir e compartir unha misión cultural, social e política". Un equipo humano estable formado no seo do grupo encárgase de producir as súas creacións, integrando profesionais da escritura, a dirección, a interpretación, as acrobacias, a danza ou a música que fortalecen a técnica teatral Tchyminigagua: "Forza, ritmo e enerxía, unha linguaxe acrobática, teatral e circense propia". A súa labor artística e o seu traballo pola memoria dende o compromiso político fíxolles gañar o recoñecemento internacional, celebrando a súa dramaturxia, música, colorido ou maquillaxes e a súasúa invención, patentada a nivel mundial, dos zancos en patíns. Cultura popular de trasformación social.



Máis artistas do catálogo

Maite Guevara

Maite Guevara

+ INFO
Cé Orquestra Pantasma

Cé Orquestra Pantasma

+ INFO

A maxia de Ian e Elisa

+ INFO
Cristina Medina

Cristina Medina

+ INFO