Formulario de busca


Naceu en Santiago de Compostela no 1986 e medrou no berce dunha aldea chea de fábulas, contos e cantigas. Dos beizos das avoas saiu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na súa formación e entendemento da arte dramática.

No 2012 viaxa a Brasil para realizar unha xira coa compañía Arte Livre onde se afianzan as súas inquedanzas sobre o teatro infantil e a dramatización dos contos. Tras un ano de enchouparse na cultura e arte deste país, regresa a Bandeira para poñer en práctica estas aprendizaxes. Dende entón, a súa carreira artística mergúllase na creación de laboratorios, traballos audiovisuais en curtametraxes e a coordinación de proxectos teatrais e de índole social. Sempre cun obxectivo: fomentar o teatro no medio rural. 



Máis artistas do catálogo

Cía La Pulpa

+ INFO

Xabi Larrea

+ INFO
Hermanos Cubero

Hermanos Cubero

+ INFO

Isabel Risco e Fran Rei

+ INFO