Formulario de busca

Isabel Risco e Fran Rei


Actriz, clown e pedagoga teatral, Isabel Risco formouse con mestres coma Eric de Bont, Jango Edwards, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Ángel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso... Ademais de estar sobradamente preparada, leva varios lustros levando á práctica a súa vis cómica sobre as táboas ou diante das cámaras.

Fran Rei é un nome fundamental do clown en Galicia. Cofundador, pallaso en activo e coordinador da compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), Os Sete Magníficos Máis Un, ten participado con ela nun total de doce espectáculos teatrais desde o ano 2001. En paralelo, ten traballado noutras compañías de teatro galegas, como Bagunça Teatro, Produccións Desaqueloutradas, Acontrabutaca e Culturactiva SCG, e tamén ten experiencia no mundo televisivo. Xunto a Pedro Brandariz, formou as parellas cómicas O Gordo e o Calvo e Os ramistas, que participaron regularmente no programa Luar da TVG entre 2012 e 2016.

Os dous únense para encher os escenarios de historias e humor. 



Máis artistas do catálogo

Brassica Rapa

Brassica Rapa

+ INFO
Manel

Manel

+ INFO

Sarabela Teatro

+ INFO

Vero Rilo

+ INFO