Formulario de busca

Cía La Pulpa


Un proxecto novo cuxos membros levan dende o ano 2007 como profesionais nas artes escénicas desenvolvendo a súa labor con diferentes compañías. O seu traballo nace de forma conxunta e en torno ao teatro de rúa e ao circo, utilizando o clown e a comicidade como eixe transversal para manifestar os seus desexos, ilusións e anhelos de maneira propia e especial, facendo disto o seu motor vital e expresivo cara a un humor colectivo irónico e con carga persoal.

A Pulpa mantén un taller interno de coñecemento e investigación en torno á comicidade e ao movemento escénico, especializándose en clown e portes acrobáticos. Ao longo destes anos, realizaron diferentes co-produccións nacionais e participaron en festivais nacionais de teatro de rúa, circo e clown, ademais de colaborar con Payas@s Sin Fronteras en expedicións artísticas en Siria, Nepal, Colombia e Mozambique.

A perseveranza trae ventura, e a súa paixón sempre é compartida investigando novas formas de comunicarse co espectador, esa sutil fazaña de facelo sentir como en casa, abrindo a porta do seu imaxinario "toc toc", aínda que non todo encaixe como gustaría. Por iso, La Pulpa é doce e en compañía sabe mellor.

 


Máis artistas do catálogo

Las Ansiadas Producciones

Las Ansiadas Producciones

+ INFO
Leilía

Leilía

+ INFO
Patty Diphusa

Patty Diphusa

+ INFO
Manel

Manel

+ INFO