Gema era unha meniña cando coñeceu a Martiño e naquel intre soubo que a súa vida xa nunca sería igual. Martiño é un rapaz introvertido nun mundo demasiado exposto, pero aínda que lle abonde un recunchiño de parque para xogar, no seu maxín collen mil mundos, mil aventuras e algún que outro medo… Só quen teña o don da curiosidade e a ferramenta da empatía poderá adentrarse con el nunha aventura que case sen darse conta remate no máis alto do Everest. Unha historia en lingua de signos e lingua oral sobre a amizade, a comunicación, os medos e a xestión emocional apta para todos os públicos.
Leer más