Formulario de búsqueda

NOTICIAS

Loita Amada estréase na Capitol!

Loita Amada é o novo proxecto musical de Jásper, ex líder de Nao, xunto coa pandereteira Nébeda Piñeiro. O vindeiro 25 de febreiro encherán a Sala Capitol acompañados por artistas como as Tanxugueiras, Mini e Navia Rivas ou Lina e Lola. 

Loita Amada é a nova poesía galega. Mestura a forza e o carácter combativo de Jásper coa sensibilidade e bo facer de Nébeda nunha explosión sonora que non deixará indiferente a ninguén. Viva a Loita Amada Revolucionaria! é o nome do seu primeiro disco. Nel podemos gozar desa dualidade: amor e loita, a que nos ten acostumados Jásper e que queda reflexada á perfección co nome da banda. Este é o álbum máis íntimo do compositor estradense, no que demostra non ter medo a mostrar o máis profundo dos seus sentimentos. 

A formación en directo conta con recoñecidos músicos como Kinhos Saburido (batería), Anxelo Sánchez (baixo), Iván García (guitarra), María Prado (trompeta), Xiana Naval (trombonista), Iria Iglesias (Teclista).

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNES

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁS NOTICIAS EN CULTURACTIVA.ORG