Formulario de busca

NOVAS

Guadi Galego agasállanos o seu novo disco: "Costuras"

Guadi Galego desborda creatividade. Proba delo é ter recibido premios en Galicia e no Estado polos seus últimos discos, mais tamén que un ano despois de IMMERSION presente COSTURAS, o seu mellor traballo en palabras dela mesma.

10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop. 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30


Via Morta

Outeiro de Rei

27-04-2024

20:00


Máis Ritmo

San Sadurniño

28-04-2024

Horario pendente de confirmación


Levaino!

Melide

28-04-2024

19:00


Enredada

Moaña

28-04-2024

19:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG