Formulario de busca

NOVAS

O espectáculo Molto Barroco de Píscore, seleccionado no prestixioso Festival de Teatro Clásico de Almagro

  • A programación desta edición anunciouse hoxe, e o festival celebrarase no mes de xullo.
  • A obra de Píscore forma parte da sección oficial e competirá por levar o premio do Certame Internacional Barroco Infantil

O espectáculo Molto Barroco, da compañía Píscore, foi seleccionado no recoñecido Festival de Teatro Clásico de Almagro. O programa deuse a coñecer hoxe, e Píscore está entre catro as compañías que competirán no Certame Internacional Barroco Infantil, unha das seccións do festival.

Molto Barroco é un espectáculo que mestura teatro, música barroca e moita comedia. Dirixido a público familiar, esta obra é unha reivindicación das composicións musicais barrocas dentro do teatro. Con moito humor, Píscore conta a historia dunha corte real europea do século XVII na que o Rey se promete e pide ao Compositor da corte unha peza orixinal. Isto desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus Músicos, e un triángulo amoroso no que se ve involucrada a futura Raíña. Comedia, música en directo, bailes e malabares teñen cabida nesta fantástica proposta, estreada en 2023 e que non deixa de colleitar éxitos entre o público.

Pola súa parte, o Festival de Teatro Clásico de Almagro é un dos festivais máis consolidados do panorama estatal e este 2024 celebra a  súa edición número 47. Trátase dun espazo de mostra das obras de teatro clásico que se desenvolven a nivel estatal e internacional, e que ten a vocación de utilizar o teatro clásico como ferramenta de transformación, reivindicando o valor da palabra, da beleza e a súa actualidade.

O Certame Internacional Barroco Infantil naceu en 2012 e está dedicado particularmente a espectáculos de teatro familiar cunha linguaxe accesible. Esta sección do Festival involucra aos centros escolares de Almagro, quen ademais seleccionan aos nenos e nenas que forman parte do xurado deste Certame en cada edición.

O Festival de Teatro clásico de Almagro celebrarase no mes de xullo; e a representación de Molto Barroco celebrarase alí o día 9 dese mes. Mentres tanto, Píscore ten previstas representacións de Molto Barroco en Gondomar e Santiago de Compostela, o 14 e 15 de xuño respectivamente, e datas confirmadas para o verán e outono en diferentes lugares da Península.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Indóciles

A Coruña

03-05-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Cedeira

04-05-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

04-05-2024

19:30


Somos a pedra

Santiago de Compostela

04-05-2024

22:30


Concerto singular

Ponferrada

05-05-2024

12:00


Concerto singular

Cambados

09-05-2024

Horario pendente de confirmación


Via Morta

Rianxo

10-05-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG