Formulario de busca

NOVAS

A gala “Cultura contra a barbarie” en solidariedade con Palestina chega a Ourense o próximo 30 de abril

  • Pallasos en Rebeldía e Culturactiva, organizan este evento en colaboración coa MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), que se celebrará no Teatro Principal ás 20.00h
  • Artistas como O Sonoro Maxín, The Tetas Van e Leti da Taberna actuarán na gala. As entradas xa están á venda en ataquilla.com

Ourense acollerá o 30 de abril, a partir das 20.00 horas, unha gala solidaria en favor do pobo palestino no Teatro Principal. Esta é a décima gala que Pallasos en Rebeldía, xunto con Culturactiva, organizan en todo o Estado, para recadar fondos que irán directamente á Franxa de Gaza.

Este evento solidario reunirá unha variedade de artistas e bandas do ámbito da música e as artes escénicas. Os grupos ourensáns O Sonoro Maxín e The Tetas Van compartirán escenario coas propostas escénicas de Mago Teto, a creadora de contido Leti da Taberna, e humor, circo e improvisación con Dani Blanco. A gala  será presentada por, Fernando Dacosta e Sabela Gago , en representación da MITEU e da compañía Sarabela Teatro. Esta gala será  unha oportunidade para reivindicar os dereitos do pobo palestino a través da cultura e a arte.

As entradas teñen diferentes prezos: 12€ en platea, 10€ no 2º andar e 8€ para o anfiteatro. Xa están dispoñibles en ataquilla.com. Todo o recadado irá destinado a Gaza Stars Circus School, unha entidade local coa que colabora Pallasos en Rebeldía, e que traballa directamente con nenos e nenas, proporcionándolles bens básicos como alimentos, medicinas e roupa.

A participación activa da sociedade en eventos culturais coma este non só permite recadar fondos para causas esenciais, senón que destaca o papel crucial da cultura como impulsora do cambio social e como altofalante para causas sobre as que é preciso manter a información, a atención e a solidariedade.

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Bravas

Cambados

31-05-2024

12:30


PALABRAS

Betanzos

01-06-2024

18:00


30 aniversario

Pontedeume

01-06-2024

21:45


Levaino!

Guitiriz

02-06-2024

13:30


As Alumnas

O Grove

02-06-2024

19:30


Síntese Horizonte

A Coruña

02-06-2024

20:00


Via Morta

O Rosal

06-06-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG