Formulario de busca

NOVAS

Carballo acolle a estrea de Vicki e a felicidade, a nova proposta de Bandullo Azul

A Biblioteca Pública Municipal de Carballo será o escenario para a estrea de Vicki e a felicidade, o novo espectáculo da compañía Bandullo Azul. A estrea será mañá, 23 de abril, e haberá tres representacións da obra: dúas dirixidas a centros escolares, e unha terceira aberta ao público familiar, ás 18 horas. As persoas que desexen asistir, poderán reservar o seu convite no teléfono 981 758 580.

Vicki e a felicidade cóntanos a historia dun neno a quen lle encanta bailar e cantar, pero vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da súa aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, onde a vida de Vicki e a dos seus veciños e veciñas mudará para sempre. Vicki e a felicidade é a viaxe iniciática dun neno que está descubrindo o mundo e as emocións que nel habitan; chea de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que, isto é o que consegue mellorar a vida das persoas.

Vicki e a felicidade é un espectáculo para todos os públicos, pensado para desfrutar en familia, con dirección de Marcos Orsi e protagonizada por Fran Campos e Fran Ameixeiras. Eles forman Bandullo Azul, unha compañía que comezou a súa andaina no ano 2012, e que propón obras que mesturan teatro e clown, títeres e música en directo. Percorreron escenarios e festivais de toda Galicia e Portugal con obras como Fazulas e o ladrón de paraugas, Mestre ma non troppo ou Filipa cos contos.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Puro inferno

A Estrada

22-06-2024

Horario pendente de confirmación


Tralalareira

Barreiros

23-06-2024

Horario pendente de confirmación


Henriko o Feiticeiro

Poio

24-06-2024

Horario pendente de confirmación


LeTriska Inmobile

Guitiriz

24-06-2024

Horario pendente de confirmación


Crunch 2

Oroso

27-06-2024

Horario pendente de confirmación


Passport

Ribeira

28-06-2024

Horario pendente de confirmación


Home Orquestra

Rodeiro

28-06-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG