Formulario de busca

NOVAS

O documental arredor da figura de Suso de Toro, “Suso. Fóra de Lugar” preséntase o 17 de abril no Teatro Principal compostelá

  • Os convites pódense reservar na vindeira semana no local da Zona C no horario habitual de apertura
  • A presentación contará coa presenza do director, Alberto Sacido, e de Suso de Toro

O Teatro Principal será o escenario da presentación do documental “Suso. Fóra de lugar”, un filme de Alberto Sacido no que o escritor Suso de Toro revisa o seu camiño nas marxes, nunha conversa constante que o leva a revisitar os seus inicios, os seus modelos e proxectos literarios, os obstáculos na súa carreira, a súa militancia política, e o abandono e posterior regreso á súa profesión de escritor.

Despois de sete anos de traballo este documental ve por fin a luz. Unha peza audiovisual que non só fai un repaso pola vida do escritor compostelán, senón que ademais presenta o encontro con 26 persoas e colectivos cos que Suso de Toro compartiu as conversas que van construíndo “Suso. Fóra de lugar”, e que reflexionan sobre o seu traballo, a súa vida e as dificultades de ser escritor galego, tanto dentro como fóra de Galiza.

Este é a segunda longametraxe na que participa Alberto Sacido, que en 2014 presentou “Unitarias”, un documental que reconstrúe a historia das escolas do rural de Galicia a través da vida do seu pai, un mestre que empezou traballando nestas escolas nos anos 60. Mediante as súas experiencias, o documental presenta os cambios que tiveron que asumir xuntos profesorado e alumnado durante o último medio século.

A producción de “Suso. Fóra de lugar” contou co apoio fundamental de Culturactiva S. Coop., a entidade que proveeu de recursos e asistencia técnica para facer posible a súa realización. A coprodución é de Danga Danga e a Postprodución de Arraianos.

Pola súa banda, este documental recibiu financiamento para a postproducción da Deputación da Coruña dentro da convocatoria de Proxectos Singulares do 2023, apoiando tamén a xira de presentación deste documental.

Esta primeira presentación de “Suso. Fóra de lugar” realizarase o próximo mércores, 17 de abril, ás 20.30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Posteriormente, o documental presentarase en Outes, o sábado 27 de abril, en Ribeira o 4 de maio; o 11 de maio en Betanzos e o día 24 dese mesmo mes, en Cedeira.

Pode consultarse máis información na web susoforadelugar.com ou nas redes sociais facebook e instagram en @susoforadelugar

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

A historia de Brancaflor

Salvaterra

16-05-2024

12:00


Bravas

Cambados

16-05-2024

12:30


Indóciles

Ares

16-05-2024

20:00


A Orquestra Bravú

Ponteceso

17-05-2024

8:00


Indóciles

Sada

17-05-2024

19:00


A primavera ten que ser nosa

Mos

17-05-2024

20:00


Camiños

A Coruña

19-05-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG