Formulario de busca

NOVAS

O espectáculo Molto Barroco de Píscore, seleccionado por Camiño Escena Norte e o Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

  • Píscore sitúase entre as 15 compañías seleccionadas por Camiño Escena Norte 2024, que se deron a coñecer hoxe, e que os levará de xira polo norte da Península.
  • A compañía estará este domingo en La Térmica de Ponferrada, con aforo xa completo.

 Molto Barroco, da compañía Píscore, ven de ser seleccionado por Camiño Escena Norte para ser un dos 15 espectáculos que xirarán polo norte da Península este outono. Isto súmase á selección desta mesma obra no prestixioso Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, confirmando a excelente proposta escénica desta obra de Píscore.

Camiño Escena Norte selecciona cada ano propostas escénicas de teatro, danza, circo e artes do movemento, para que compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra fagan unha xira fóra dos seus territorios. O programa amosa a mellor produción escénica profesional do norte do Estado, seleccionada por cinco comisións profesionais independentes.

A xira destes espectáculos en Camiño Escena Norte celebrarase nos meses de setembro e outubro deste ano.

Pola súa banda, o Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro anunciou no mes de abril a selección de espectáculos para a súa edición de 2024. Molto Barroco de Píscore foi seleccionado na sección Barroco Infantil, onde competirá con outras tres compañías por vencer este certame. O Festival de Almagro celébrase o próximo mes de xullo, e como cada edición, presenta as mellores propostas de teatro clásico a nivel estatal e internacional.

Píscore continúa así colleitando éxitos coas súas propostas que mesturan teatro, comedia e música en directo. Molto barroco está dirixido a público familiar, e é unha reivindicación das composicións musicais barrocas dentro do teatro, a través da historia dun compositor e os seus músicos nunha corte real do século XVII na que se presenta un curioso enredo de amor.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

LeTriska Inmobile

Mos

16-06-2024

17:00


Indóciles

Vilagarcía

16-06-2024

19:00


4.0

A Illa de Arousa

16-06-2024

20:00


Ghrelo Power

Foz

21-06-2024

Horario pendente de confirmación


Via Morta

Gran Canaria

21-06-2024

Horario pendente de confirmación


Tralalareira

San Sadurniño

21-06-2024

17:30


Puro inferno

A Estrada

22-06-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG