Formulario de busca

NOVAS

Guadi Galego presenta "O mundo está parado" no Barco

O Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollerá un novo concerto da artista Guadi Galego este venres 2 de xuño ás 21 horas, despois dunha impresionante xira de presentación que a levou por escenarios de toda Galicia, por Madrid e Barcelona, ademais de dous concertos moi especiais na semana das Letras Galegas. As entradas para este concerto, a 5 euros, pódense obter no portelo do Teatro desde unha hora antes do concerto, e anticipadas en Tonyson.

No ano 2016, ano en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta O mundo está parado (FOL Música, 2016), o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Máis Ritmo

A Baña

19-05-2024

Horario pendente de confirmación


Camiños

A Coruña

19-05-2024

Horario pendente de confirmación


Rosalía

A Veiga

19-05-2024

17:00


Cacho Animalada!

Arbo

19-05-2024

17:00


Made in Galiza

Bueu

19-05-2024

19:00


PALABRAS

Rois

23-05-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Neda

23-05-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG